Saturday 04 de May de 2024

‘Sábado de portas abertas do goberno local’ no Concello de Ordes


O alcalde de Ordes volveu a abrir o seu despacho un sábado máis, tal e como ven facendo os últimos de cada mes dende a súa toma de posesión. Unha xornada na que estivo acompañado polos concelleiros Susana García, José Manuel Mira e Beatriz Martínez. Os ‘Sábados de portas abertas do goberno local’ pretenden darlle a facilidade a aqueles veciños e veciñas que non poidan solicitar unha cita co rexedor ao longo da semana. Deste xeito axilízase a comunicación entre a cidadanía e o Concello, tendo a posibilidade de resolver dúbidas ou manifestar suxestións de calquera tipo. A dita iniciativa non só están dirixida a particulares senón tamén a colectivos, agrupacións e asociacións.